Fundada en xuño de 2001, Casa Rosinda é unha excelente mostra de conxugación de tradición e gastronomía. O amor á cociña e ás antigüidades levou ao seu propietario, Alberto González, a converter a casa de labranza na que naceu nun referente da boa comida e o mellor trato. E todo isto nun marco natural de incomparable beleza e a escasos quilómetros da capital de Galicia, Santiago de Compostela.

Tras dous anos de incesante traballo e infinda ilusión, o matrimonio formado por Alberto González e Mª Luz López converteu a casa familiar orixinaria e os seus alboios nun restaurante-museo, onde los comensais poden gozar á vez de tradición e benestar.

As instalacións conservan en boa medida as estruturas e materiais das construcións orixinais, edificadas a comezos do século XX. Decorada tanto no seu interior coma no exterior con útiles de labranza típicos de Galicia e con antigas pezas de artesanía,

Casa Rosinda representa un auténtico goce para todos os sentidos.

 



Situada nunha contorna natural, en Ponte, a 1.500 metros da Área Recreativa–Fluvial de Chaián (Concello de Trazo) a 5 quilómetros de Santiago de Compostela.

Polos arredores, en bicicleta ou a pé, pódense dar paseos e facer rutas de sendeirismo, ou gozar do baño e dun xantar campestre na Área Recreativa-Fluvial próxima á Casa, así como practicar a pesca deportiva nas ribeiras do Río Tambre.